PROXECTO TERRA 2022-2023

Dentro do proxecto Terra disfrutamos dun Hotel de bichos!!! … Os hoteis de bichos son refuxios para que unha variedade de  insectos vivan e aporten moitos beneficios para o noso xardín ou o noso horto ecolóxico.

Os insectos e artrópodos colaboran e son moi necesarios no  campo. Son insectos benéficos! Mooooi boiñossssss!!!!!

Crisopas, avespas, abellas, xoaniñas  e  abellóns  atopan alí un bo sitio para vivir. Estes insectos polinizan as plantas e controlan as pragas, colaborando na saúde do noso horto.

Podemos estudalos en detalle e velos de preto na nosa casiña de madeira.

O propósito é acercar ós nenos e nenas ó mundo vexetal e animal, a comprender a importancia de preservar os espazos que forman o territorio de Galicia. Unha vez analizados otros espazos, obteremos conclusións e ideas para mellorar o noso propio espazo educativo!