Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNADO 2022-2023. LISTAXES DEFINITIVAS.

Xa están publicadas no taboleiro do centro todas as solicitudes de admisión definitivas de admitidos e non admitidos. Podedes consultalos no centro ou chamando por teléfono.

( A excepción de dous casos, que xa foron comunicados telefónicamente, non hai variacións con respecto á listaxe provisional).

LETRAS GALEGAS 2022.

Esta semana conmemoramos as Letras Galegas. O mércores estivo con nós Ces Orquestra fantasma divertindo ao noso alumnado. O vindeiro luns 16 serán os de 1º,2º e 5º os que nos farán desfrutar con dúas actuacións: a coreografía de "Terra" ensaiada pola profesora de Educación Física Inés e 3 pezas teatrais que representará o alumnado de 5º de Primaria. Grandes artistas!

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 22-23

TODAS AS SOLICITUDES DE ADMISIÓN PRESENTADAS EN PRAZO NO CEIP AGRO DO MUÍÑO ESTÁN ADMITIDAS, AGÁS AS QUE FORON COMUNICADAS TELEFONICAMENTE PREVIA A ESTA PUBLICACIÓN NA WEB.

2 ABRIL | DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

CADRO RESUMO ADMISIÓN. SOLICITUDES PRESENTADAS CURSO 22-23

SOLICITUDES PRESENTADAS. CURSO 22-23

Ensinanza

Curso

F

M

 

INFANTIL

22

31

53

 

 

1

1

 

 

1

1

PRIMARIA

3

4

7+7(unitaria)

 

1

2

3

 

1

1

2

 

2

1

3

TOTAIS

 

29

41

77

ADMISIÓN ALUMNADO 2022-2023

 O PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN SERÁ ENTRE O DÍA 1 E 21 DE MARZO. HABERÁ PORTAS ABERTAS O DÍA 7 MARZO.

NOS SEGUINTES PDF PODEN ATOPAR TODA A INFORMACIÓN.

 
   

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS. ALUMNADO NOVA INCORPORACIÓN

VISITAMOS A CASA DE ROSALÍA NA TARROEIRA.

HOXE 350 ALUMNOS/AS DE PRIMARIA VISITARON A CASA DE ROSALÍA EN ORTOÑO. Todo o alumnado de primaria- por niveis- foi camiñando dende o centro ata a casa de Rosalía ao pé do Castro de Ortoño. Foi unha fermosa mañán de sol que fixo máis agradable aínda a nosa homenaxe á escritora máis emblemática do Rexurdimento galego e que foi veciña do noso Concello. Levamos as súas máscaras, recitamos poemas e a rapazada estivo atenta ás explicacións dadas. Outro xeito máis de poñer en valor o noso. Tamén fixemos o xardín de Rosalía coas súas flores preferidas: os pensamentos. No centro a camelia que leva o seu nome.

ENTROIDO EN AGRO DO MUÍÑO

Ao longo da semana celebraremos o Entroido e tamén a semana de Rosalía con diferentes actividades.

De luns a xoves a rapazada irá disfrazada segundo os MANDADIÑOS do meco.

O venres poñeremos en valor o noso traxe tradicional galego para que dun xeito lúdico, sexa coñecido polo noso alumnado.

O mércores todo o alumnado de Primaria irá visitar a casa de Rosalía en Ortoño. Plantaremos no cole a camelia que leva o seu nome e arredor, a súa flor preferida: os pensamentos.

Haberá xornadas lúdicas para o alumnado de infantil e Primaria no horario escolar pagadas pola ANPA do centro. A desfrutar!

PROTOCOLO A SEGUIR EN CASO DE PECHE DUNHA AULA

PROTOCOLO PECHE AULA

Documento enviado pola Central de Seguimento- Xefatura de Sanidade-.

Distribuir contido


by Dr. Radut