Skip to Content

Entroido 2009

O próximo día 20 celebramos no colexio a festa do Entroido. Será unha actividade de portas abertas.

30 de xaneiro: Día da Paz

Ademais das actividades de aula, o 30 de xaneiro, todas as nenas e nenos do colexio, acompañadas polo profesorado, escenificamos dúas cancións no ximnasio do centro.

As imaxes pódelas ver na galería de imaxes.

O outono

As nenas en nenos de 1º e 2º estiveron traballando sobre o outono. Se quere ver o traballo que fixeron vaite ao enlace de actividades escolares de 1º.

Samaín no CEIP Agro do Muíño

CELEBRAMOS O SAMAÍN          

 Nesta ocasión foron as familias as encargadas de traer as cabazas para as aulas para poder desenvolver a actividade. Este día foi moi especial. A profe contounos contos dos antigos celtas. Participamos na actividade as nenas e nenos de 1º e 2º. Tamén nos visitaron un grupo de nenas e nenos de E. Infantil de 5 anos. Tiñamos tres cabazas e dispuxémonos a vacialas. As nenas e nenos particpamos quitándolle a carne de dentro. Logo fixémoslle os ollos, o nariz e a boca. Á fin colocámoslles a vela acendida dentro e apagamos as luces. Oi, mamaíñaaaaa que medooooo!!!! Entre todos pasámolo moi ben.  Ah!!! Manuel levou sementes para as plantas para o ano que ven.

Terceiro día de Inmersión Lingüística en Mestas de Con.

No día de hoxe, 12 de novembro de 2008, o tempo non foi favorable para realizar as actividades de orientación previtas. Tivemos que realizar actividades no interior do edificio.

 

 

 

Segundo dia de inmersión lingüística en Mestas de Con.

Día chuvioso que non impide que as nosas nenas e nenos visitaran unha granxa para ampliar o seu vocabulario. Foi moi fructifera a visita.

 

 

 

Primeiro día de traballo en Mestas de Con: Día da flora

No día de hoxe (10-11-08) as nenas e nenos saíron a recoller prantas polo montes do arredor. Foi unha experiencia emocionante.

 

 

 

 

Primeiro día de inmersión

O día de hoxe, 9 de novembro de 2008, chegamos a Mestas de Con logo dunha viaxe que comezamos ás 7,00 horas e rematamos ás 16,00. Fixemos alguhas paradas polo camiño: Praia das Catedrais e Xixón. Ao chegarmos, comezamos a actividade en inglés coa presentación do persoal do Pazo das Teyerías e convivencia coas alumnas e alumnos do Colexio de Burgos.

 

Inmersión Lingüística

O próximo día 9 un grupo de alumnas e alumnos de 6º van participar no Programa de Inmersión Lingüística, promocionado polo Ministerio de Educación e Ciencia, en Cangas de Onís.

Distribuir contido


by Dr. Radut