Samaín no CEIP Agro do Muíño
CELEBRAMOS O SAMAÍN
Nesta ocasión foron as familias as encargadas de traer as cabazas para as aulas para poder desenvolver a actividade. Este día foi moi especial. A profe contounos contos dos antigos celtas. Participamos na actividade as nenas e nenos de 1º e 2º. Tamén nos visitaron un grupo de nenas e nenos de E. Infantil de 5 anos. Tiñamos tres cabazas e dispuxémonos a vacialas. As nenas e nenos particpamos quitándolle a carne de dentro. Logo fixémoslle os ollos, o nariz e a boca. Á fin colocámoslles a vela acendida dentro e apagamos as luces. Oi, mamaíñaaaaa que medooooo!!!! Entre todos pasámolo moi ben. Ah!!! Manuel levou sementes para as plantas para o ano que ven.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
o_samain.pdf | 1.41 MB |