Skip to Content

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO

Seguindo a normativa vixente elaboramos o NOF (antes Regulamento de Réxime interno).

O Consello Escolar aprobou este documento actualizado.

 

 

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

PLAN DE AUTOPROTECCIÓN

PLAN DE AUTOPROTECCIÓN

Actualizouse o plan de autoprotección no curso 19-20. Está pendente de facer o simulacro e validar.

Pinche aquí para ver o novo Plan.

Festival de Entroido

O venres día 4 de marzo celebramos o Entroido. Como seguimos co tema "Cantos, contos e lendas no Camiño", as comparsas foron de personaxes medievais do Camiño de Saniago. Reis e raíñas, nobres, monxes e monxas, peregrinos, etc., desfilaron e bailaron no pavillón do colexio.

Viñeron a disfrutar da festa as escolas unitarias de Tarroeira e Guimaráns, que representaban a primavera.

As familias, un ano máis, fixeron doces típicos coma filloas e orellas e saboreámolas ao rematar o Festival.Hai moitas fotos que podedes ver facendo clic sobre esta.Tamén temos o vídeo da coreografía de profes/nais. Se queredes velo premede aquí.

PLAN DE CONVIVENCIA

PLAN DE CONVIVENCIA

(Actualizado e aprobado polo Consello Escolar o 10/05/2021)

 

 

O NOSO ACUARIO PARTICULAR

O ALUMNADO DE 4 ANOS A FIXEMOS UN MURAL DO ACUARIO, ACTIVIDADE SUXERIDA E DIRIXIDA POR ELENA, ALUMNA EN PRÁCTICAS.

 

PARA VER FOTOGRAFÍAS: AQUÍ

PAZ 2011

O día 28 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Xuntámonos no ximnasio para realizar diversas actividades. A presentación correu a cargo dos alumnos de 6º, así como tamén un power point e un rap.

 Os nenos de primeiro recitaron poesías  “Amigos de colores” e “A fala das pombas.” Cuarto A fixo unha representación sobre patíns, “Non aos conflitos”.  A continuación, quinto B interpretou unha adaptación da poesía de Gloria Fuertes

“Solo tres letras”, facendo unha coreografía con palillos. Algúns nenos de quinto A recitaron a poesía “Hoy he dado mi firma para la paz”.

Todos cantamos  “El por que no ser amigo” de Hombres G., e “No dudaría” de Antonio Flores, e bailamos a danza Astro Tis Anatolis” como xa ven sendo tradicional.   

Para ver as fotos fai click aquí

Para ver os vídeos das actuacións "Non aos conflictos" e "Solo tres letras" preme nos enlaces seguintes:

http://www.youtube.com/watch?v=4G6B9yZ7vm0 

http://www.youtube.com/watch?v=FAzxQ-NNATg 


AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO, 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

No DOG do 31 de agosto de 2010 publícase a Orde do 26 de agosto de 2010 pola que se convocan as axudas para a adquisición de libros de 3º e 4º curso de educación primaria que deban cambiarse por cambio de idioma, seguindo o establecido pola Consellería de educación no decreto de plurilingüismo. No Ceip Agro do Muíño, este cambio afectará ás seguintes materias: RELIXIÓN CATÓLICA E MATEMÁTICAS. Os libros correspondentes ao resto das materias éstarán no centro á disposición do alumnado.

Para máis información, e para realizar os trámites, consultar Dog 31 de Agosto de 2010.

 

REVISTA ESCOLAR 2009-2010

"FALADOIRO DAS CORTES"

Xa está publicado un novo exemplar da revista escolar do Centro. Desde este curso 2009-2010 acordamos chamarlle "Faladoiro das cortes". Este será o nº 2 . É unha mostra dos traballos realizados polo alumnado neste curso e esperamos que vos resulte interesante.

Faladoiro das Cortes (Revista escolar nº 2)

LIBROS DE TEXTO

Nun dos arquivos que se xunta está a información enviada pola consellería de Educación e O. U. sobre os libros de texto. O sistema anterior só permanece en 3º e 4º de E. Primaria. Para o resto lean a informaciónda Consellería.

No DOG do 25 de agosto de 2009 publícase a Orde do 20 de agosto de 2009 pola que se convocan bolsas para a adquisici´´on de libros de texto para os alumnos de 1º, 2º, 5º e 6º de Educación Primeria. (Ver arquivo que se xunta)

Na páxina web da Consellería: http://gratuidadesolidaria.xunta.es/ ofrécese toda a información sobre o programa de gratuidade de libros de texto,  a posibilidade de descargar os modelos de solicitude e mesmo de cumplimentalos.

No Centro facilitaránse os modelos de solicitude e a información que sexa necesaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut