Skip to Content

RESERVA DE PRAZA PARA OS CENTROS ADSCRITOS ( IES E UNITARIA)

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro. As solicitudes tramitaranse a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado    

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

 

1.     Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

 

2.     Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).

 

3.     Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

 

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

SOLICITUDE EN GALEGO.

SOLICITUDE EN CASTELÁN

 

SE VOSTEDE TEN ALGUNHA DÚBIDA, PÓÑASE EN CONTACTO CO CENTRO.

 

BO NADAL A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

3º PREMIO DE BOAS PRÁCTICAS INCLUSIVAS.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA. DÍA DO PIXAMA.

EXPOSICIÓN DE COGUMELOS. GRAZAS BELI POLA TÚA SABEDORÍA.

ROCK NO MAGOSTO. CASA DO ROCK. A BAILAR!!!

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA. EXPERIMENTAMOS

Distribuir contido


by Dr. Radut