try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

LET´S GO TO PORTUGAL!!

Este curso estamos traballando en dous proxectos e - twinning (Intercultural Mosaice e Culture in a Box) dentro do noso “macro proxecto” Let's go to Portugal!!

Intercultural  Mosaic  é  un  proxecto  no  que  traballamos  de  forma  colaborativa  trece  países europeos.  

Os obxectivos deste proxecto son:

  • Compartir experiencias sobre cultura e tradicións dos diferentes países que traballamos xuntos.
  • Usar o inglés nun entorno natural de aprendizaxe.
  • Aprender unha  lingua estranxeira, neste caso o inglés, dun xeito creativo e promovendo o traballo en equipo.
  • Usar innovación e creatividade mediante recursos tecnolóxicos.

A  primeira  tarefa  consistía  en  grabar  un  video  presentación,  e  aquí  podedes  botarlle  un  ollo  á presentación dos nosos alumnos. A grabación e montaxe do video foi realizada dende o proxecto Producións Panxón.