try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

blogue deadmin

OUTUBRO

ARRANCAMOS!!

Despois da xornada de presentación e reencontros de onte, hoxe fixemos a nosa tradicional subida a Monte Ferro, disfrutando da camiñada, as vistas e e sobretodo a compañía. Ao rematar algún que outro xogo onde os mestres saímos escaldados, esperábanos unha grata sorpresa.

Grazas @ivanferreiro e @amaroferreiro pola vosa amabilidade e xentileza! Foi un pracer coincidir con vós neste noso paraíso galego!

#primeirosdiasdecurso #monteferro #paraisogalego #nigran #ceepanxonmolamogollon #sorpresasxenais

O TEMPO

O pasado 20de xaneiro Nerea fixo unha fermosa foto dunha posta de sol desde a súa habitación da residencia, polo que a enviamos ao espazo O TEMPO da TVG e o sábado 22 emitírona tanto no seu seu espazo do mediodía coma no seu facebook, cunhas palabras moi agarimosas adicadas a Nere e a todos os alumnos do CEE.

Grazas ao equipo do Tempo da TVG!! Aquí o tendes:

                  

SAMAÍN 2021

Coma todos os anos, celebramos dunha maneira especial o Samaín no noso centro, cunha serie de actividades como foron:

  • A creación de audiocontos de terror na nosa radio escolar
  • un obradoiro de maquillaxe terrorífica
  • Obradoiro de cociña 
  • Escape room
  • Obraoiro de decoración de cabazas.

Neste video tendes un resumo da intensa xornada que vivimos.

Grazas a todos por participar!!

ONDE ESTAMOS

O noso centro está na localidade de Panxón, no concello pontevedrés de Nigrán, no seguinte enderezo:

Camiño dos Lagos, 1

36340 Panxón - Nigrán, Pontevedra

Teléfono: 986 38 31 19
 
Facendo clic na imaxe de arriba podes atoparnos no Google Maps

Distribuir contido