try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

Blogues

VIDEO CAMPAÑA DOAZÓN SANGUE 2024

#Apolas70doazóns  é o lema que escolleron os nosos alumnos e alumnas neste video que gravaron e editaron no proxecto Producións Panxón onde vos animan a todos e todas a vir mañá 16 de abril a doar sangue. 

O obxectivo é conseguir así chegar ás 70 doazóns, dato histórico para o concello de mañá! Esperámosvos

 

Traballamos para concienciar

O seguinte paso, fundamental para que a nosa campaña de doazón teña éxito, é a promoción.

Por unha banda quixemos preparar uns experimentos para levar á EEI As Dunas,  e así que os máis pequenos animasen ás familias a vir a doar. Decidimos falarlles do funcionamento do noso corpo, tanto do corazón como dos pulmóns.

Tamén, quixemos deseñar un cartel para dar difusión á nosa campaña. Tanto para colocar na contorna e informar aos veciños, como para enviar aos medios de comunicación.

 

Ademáis, os nosos compañeiros de produccións están preparando un video moi especial. Pronto vos informaremos...

ABRIL

Chegamos ao remate do 2º trimestre e facemos unha parada para tomar folgos e recuperar forzas cara é recta final do curso. Á volta desta paréntese comezamos o mes de abril, no que disfrtuaremos do seguinte menú no noso comedor escolar.

Disfrutade deste máis que merecido descanso!! Vémonos á volta

 

OS CERTIFICADOS DE CALIDADE CHEGAN AO CEE DE PANXÓN

Este xoves 14 de marzo, a partir das 17:00h, e dentro da campaña COME LOCAL na que participa o noso comedor escolar, terá lugar un evento no que se dará a coñecer dita campaña e os produtos que se promoven na mesma, seguida dunha degustación de produtos con indicativo de calidade galegos que serán elaborados polos equipos de cociña dos catro centros participantes:

  • CEE de Panxón
  • CEIP Ría de Vigo
  • CEIP A Carrasqueira
  • CEIP A Paz - Tintureira


MARZO

Se clicas na imaxe poderás consultar o menñu do comedor para o mes de marzo, no que incorporamos platos feitos con productos da campaña de COME LOCAL, proporcionados pola AGACAL, e que esperamos sexan do voso agrado.

DISFRUTÁDEO!! 

Distribuir contido