try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

blogue deadmin

ESCAPE ROOM

Coordinada desde o Clube de Ciencia do CEE de Panxón, este ano ideamos un Escape Room con diferentes probas de contido e base cienctífica.

Aquí tendes o video de presentación que fixemos:

 

NADAL PANDEMICO NO CEE DE PANXON

Un ano máis aquí está o noso video para felicitar as Festas a todos. Este ano é un ano especial, diferente, polas circunstancias que estamos a vivir, pero negámonos a deixar de facer unha actividade que xa se converteu nunha tradición, e quixemos aproveitar para amosarvos máis de cerca como somos os que formamos parte desta comunidade cun vídeo máis íntimo, pero que transmite igualemnte o desexo de pasar estas festas do xeito máis alegre posible.Disfrutádeo e...

BO NADAL E FELIZ ANO 2021!!

II CONCURSO DE AUDIOCONTOS

Este ano coa chegada do SAMAIN dende a Biblioteca Escolar convocamos o II CONCURSO DE AUDIOCONTOS DO CEE DE PANXÓN. Os nosos alumnos en pequenos equipos entraban a nosa biblioteca e escollían un sobre cun microrrelato de terror, xunto cunhas normas e indicacións tiñan que convertir ese microrrelato nun podcast terrorífico, velaquí os dous gañadores:

"O BAÑO"

 

"ESPERTAR DUN SOÑO E VIVIR UN PESADELO":

BO NADAL!!

XA O TEMOS AQUÍ!!!

Como xa ven sendo unha tradición neste últimos anos, aquí tendes o noso vídeo para felicitarvos a todos as Festas, feito con todo o cariño e agardando pasedes un ratiño agradable e divertido.

BO NADAL E PRÓSPERO ANO NOVO 2020!!!

 

DE PANXÓN AO CEO

Estamos a días de relizar o lanzamento da nosa sonda á estratosfera, gracias á cal esperamos ter as nosas imaxes desde alturas superiores aos 20000 metros e datos atmosféricos obtidos de primeira man. Para coñecer o día a día deste apaixoante proxecto, o equipo de comunicación do proxecto creou un blogue no cal podedes obter información actualizada dos pasos que se están a seguir, das posibles traxectorias, da historia do proxecto,etc..

invitámosvos a viaxar con nós ata os límites do espacio,non tes máis que clicar na imaxe superior para acceder ao blogue

 

Distribuir contido