try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

blogue deadmin

COMPOSTEIROS

Onte unha pequena delegación do CEE de Panxón tivo unha reunión co Alcalde Juan A. González Pérez no Concello de Nigrán para solicitar dous composteiros necesarios para desenvolver un proxecto educativo ao longo deste curso. Pronto vos contaremos máis detalles.

Foi un pracer coma sempre contar coa colaboración do Concello de Nigrán para as nosas tolerías, e queremos agradecer o trato que o Alcalde tivo co noso alumnado, e que foi coma sempre excepcional!! 

 

#proyectoseducativos #comunidadeeducativa #proyectoseducativos #nigran #concellodenigran #ceepanxon

NOVEMBRO

 

 

 Aquí tendes o menú para este mes de novembro que imos a comezar

IV COMELOCAL 2023

O noso comedor participa este ano na IV edición da Campaña “Come Local” da Axencia Galega de Calidade Alimentaria da Consellería (AGACAL) para os comedores escolares.

Recibiremos formación e asesoramento, organizaremos actividades formativas sobre as características nutricionais de distintos productos, analizaremos a procedencia dos productos consumidos, degustaremos productos con denominación de orixe…poñeremos en valor os produtos galegos con certificado de calidade:

DOP (Denominación de Orixe Protexida),

IXP (Indicación Xeográfica Protexida),

Ecolóxicos de proximidade

 

 

OUTUBRO

ARRANCAMOS!!

Despois da xornada de presentación e reencontros de onte, hoxe fixemos a nosa tradicional subida a Monte Ferro, disfrutando da camiñada, as vistas e e sobretodo a compañía. Ao rematar algún que outro xogo onde os mestres saímos escaldados, esperábanos unha grata sorpresa.

Grazas @ivanferreiro e @amaroferreiro pola vosa amabilidade e xentileza! Foi un pracer coincidir con vós neste noso paraíso galego!

#primeirosdiasdecurso #monteferro #paraisogalego #nigran #ceepanxonmolamogollon #sorpresasxenais

Distribuir contido