try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

blogue deadmin

PRODUCIÓNS PANXÓN

Ao longo deste curso iremos facendo as nosas propias creacións audiovisuais: reportaxes, noticias, videoclips,...para adentrarnos neste mundo e á vez ir facendo un rexistro das actividades que se van facendo ao longo do curso.

Aquí vai un pequeno video presentación desta a nosa "empresa" PRODUCIÓNS PANXÓN

 

SOAP YOURSELF! HALLOWEEN WORKSHOP

Dado o éxito do obradoiro de xabóns feito no curso pasado, decidimos repetilo neste curso. Pero esta vez aproveitamos unha data "terrorífica"...

Os alumnos de Primaria e algún de Secundaria fixeron os seus xabóns con formas terroríficas para celebrar Samaín-Halloween, seguindo ao pé da letra as instruccións facilitadas polas profesoras encargadas do obradoiro, unhas meigas moi especiais...Instruccións que por suposto foron en lingua inglesa.

Have a look at the presentation!!

 

METEOPANXÓN

Neste curso o CEE de Panxón forma parte da rede de Meteoescolas, dentro do Plan Proxecta. O noso proxecto chamouse MeteoPanxón, e nel participamos todos os alumnos, tanto os de Primaria coma os de Secundaria, con diferentes actividades según os niveis, e así:

SECUNDARIA:

Fixo a caseta meteorolóxica onde se colocaron os instrumentos de medición (termómetro de máximas-mínimas e pluviómetro) e recollida de datos que logo foron analizados e interpretados na aula

Fixo uns mapas do Concello para visualizar neles as predicións do tempo cunhas iconas descriptivas en galego e inglés e que foron instalados no recibidor do Centro

PRIMARIA:

Observou diariamente o tempo atmosférico e cubriu unhas fichas co rexistro diario en galego e inglés

Elaboraron un mural con poemas que falaban do tempo con motivo do Día da Poesía

E outras moitas coma: visita a Meteogalicia, exposición ExpoMeteoro,...

Podes atopar un resumo de todas as actividades no blogue MeteoPanxon

                  

Marta, Yaisa e Ibra coa caseta rematada e xa instalada 

VISITA Á CARABELA PINTA

O 21 de outubro de 2014, o alumnado e profesorado do CEE de Panxón tivemos a ocasión de visitar a carabela "Pinta", atracada no porto de Baiona, e alí puidemos facer unha viaxe ao pasado e comprobar como eran esas longas viaxes dos navegantes na época do descubrimento!

 

Distribuir contido