Cursos de formación para o profesorado dos programas participantes no Plan Proxecta “Máis e Mellor Actividade Física” e “Proxecto Deportivo de Centro” [1]
Enviado por asacido a Ven, 08/02/2013 - 14:34Xa están abertos os prazos de inscrición para os cursos de formación do profesorado para o desenvolvemento dos programas do ámbito educativo do Plan Galicia Saudable “Máis e Mellor Actividade Fisica” (código do curso G1201109 [2]) e “Proxecto Deportivo de Centro” (código do curso G1201108 [3]), incluídos no Plan Proxecta. A inscrición farase a través da plataforma FPROFE [4] referíndose aos anteditos códigos.
Os cursos celebraranse os vindeiros días 2 (curso do [5]“Proxecto Deportivo de Centro” [5]) e 9 de marzo (curso de “Mais e Mellor Actividade Física” [2]) de 2013, en Santiago de Compostela, en horario de 09:30 a 18:30 horas. Nestes cursos abordaranse non soamente as liñas xerais dos programas e a súa implicación e vinculación co Plan Proxecta, senón que se traballarán modelos concretos de implantación con referencias de experiencias tanto da nosa comunidade como de fora.
O profesorado asistente a estes cursos terán unha certificación de 8 horas.
As inscricións poden realizarse nas seguintes ligazóns:
Máis información no subgrupo de Redeiras dos programas [6] da Secretaría Xeral para deporte que participan no Plan Proxecta.
File:
Tema:
Sección: