Publícanse os traballos que recibiron os Premios Nacionais de Innovación Educativa 2011 [1]
Enviado por asacido a Ven, 28/12/2012 - 14:07O MECD acaba de poñer a disposición da comunidade educativa os traballos galardoados cos Premios Nacionais de Innovación Educativa 2011.
O Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa (CNIIE) publica nun volume colectivo a versión resumida de diferentes proxectos premiados co obxectivo de que sirvan como modelo para acadar a innovación educativa nas aulas. Esta serie de experiencias están baseadas en proxectos cotiás nas aulas e ofrecen ao profesorado recursos innovadores que contribúan a mellorar a práctica docente, afrontando os retos que ten o sistema educativo na sociedade do século XXI.
Para aquelas persoas que estean interesadas nunha visión máis profunda das tres experiencias principais, o CNIIE ofrece por separado unha versión máis extensa e completa:
- Primeiro premio: "Enredados. 20 propuestas de aprendizaje cooperativo basadas en la web 2.0" (acceso á publicación) [3]
[3]
- Segundo Premio: "Mujer y memoria: dos aspectos fundamentales de nuestra historia más reciente" (acceso á publicación) [4]
[4]
- Terceiro premio: "Ecolenteja" (acceso á publicación) [5]
Tema:
Colectivo:
Sección: