Está aberta a convocatoria do Selo "Boa Práctica Iberoamericana Leer.es", unha iniciativa que recoñece propostas didácticas innovadoras [1]
Enviado por asacido a Ven, 14/12/2012 - 12:52O Selo “Boa Práctica Iberoamericana Leer.es” é unha iniciativa do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte a través do Centro Virtual Leer.es que busca dar recoñecemento a propostas didácticas de todo o ámbito iberoamericano que estean contribuíndo, nas súas linguas oficiais, a desenvolver a competencia en comunicación lingüística, utilizando as TIC como ferramenta indispensable e a Rede para a súa difusión.
Valoraranse aquelas experiencias realizadas en cualquera área de aprendizaxe que integren todas as alfabetizacións (lectora, dixital, mediática) a través dunha variedade de textos en distintos soportes (impreso, dixital e audiovisual), así como aquelas dirixidas a estudantes con necesidades específicas de apoio educativo.
Modalidades
Existen cinco modalidades:
- Aulas de Educación Infantil e de Educación Primaria (idades comprendidas entre os tres e os doce anos).
- Aulas de Educación Secundaria (idades comprendidas entre doce e dezaoito anos).
- Traballos de colaboración entre centros.
- Bibliotecas escolares.
- Outros ámbitos (bibliotecas públicas, asociacións, fundacións, etc.).
Periodicidade
O Centro Virtual Leer.es outorgará mensualmente un “Selo Boa Práctica Iberoamericana Leer.es” a experiencias correspondentes ás cinco modalidades indicadas, e realizará a súa publicación dixital nos primeiros días de cada mes.
Tema:
Sección: