Aberto o prazo para participar na IV Olimpiada de Xeoloxía [1]
Enviado por juliatabo a Mér, 17/10/2012 - 11:51Convócase a IV Olimpiada de Xeoloxía, organizada polo Colexio Oficial de Xeólogos, a Sociedade Española de Xeoloxía (SEG) e a Asociación Española para o Ensino das Ciencias da Terra (AEPECT).
Para formalizar a inscripción pode enviarse un correo cos datos de alumando e profesorado á conta aepectgalicia@gmail.com [2]
Poden participar alumnos e alumnas de 2º ciclo de ESO ata 2º de Bacharelato. No caso de Galicia non haberá fase provincial, senón unha única xornada para os participantes das 4 provincias. Esta xornada terá lugar o martes 19 de febreiro de 2013, na ETSE de Minas da Universidade de Vigo.
Posteriormente o día 16 marzo terá lugar a fase a nivel español, que será celebrada en Girona. A esta fase presentaránse as 3 persoas con mellores cualificacións na fase galega, que viaxarán cun profesor ou profesora acompañante, e cos gastos cubertos pola organización.
As bases xerais serán similares ás de edicións anteriores, que poden consultarse no enlace:
Website:
Tema:
Colectivo:
Sección: