O II Encontro de boas prácticas TIC na educación celebrarase en Peñaranda de Bracamonte o 27 de outubro de 2012 [1]
Enviado por asacido a Ven, 05/10/2012 - 13:46O II Encontro de Boas Prácticas TIC é unha actividade de formación organizada pola Fundación Germán Sánchez Ruperez no Centro Internacional de Tecnoloxías Avanzadas da localidade salmantina de Peñaranda de Bracamonte o día 27 de outubro de 2012 co obxectivo de facer unha posta ao día das novas tendencias educativas.
Ademais, este encontro permitirá aos asistentes unirse a algún dos proxectos colaborativos presentados ou compartir os seus propios proxectos co resto das persoas asistentes.
No seu programa [2] de experiencias participan profesores como Lourdes Domenech, Pep Hernández, Mercedes Ruiz ou César Poyatos.
Website:
Tema:
Sección: