Novo curso na sección "Formación Aberta" da Aula Virtual do CAFI: Elaboración de materiais didácticos con eXe-Learning [1]
Enviado por juliatabo a Ven, 28/09/2012 - 10:00"Formación Aberta" é a sección da Aula Virtual do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) con acceso aos materiais de Platega dos cursos de formación máis demandados e os mellor valorados nas enquisas finais de actividade.
É importante sinalar que, como o fin é dar a coñecer os materiais cun ánimo autoformativo, non se poderá solicitar titorización ou certificación a través destes recursos en aberto. De precisalo, deberanse seguir os pasos habituais de inscrición na actividade (en caso de estarse impartino ao longo do ano) a través da aplicación FPROFE.
Nestas datas engadiuse un novo curso a esta sección:
Ademáis pódese ter acceso a outros cursos xa incluídos anteriormente:
- Formación a distancia de coordinadores e coordinadoras das tecnoloxías da información e da comunicación en centros educativos [3]
- Traballando co software dos portátiles Abalar [4]
- Ferramentas e aplicacións da web 2.0 na aula de CCSS (iniciación). Edición Abalar [5]
- As redes sociais na educación. Edición 2012 [6]
- Lim e o Proxecto "XOGAMOS?", Emprego didáctico. Edición 2012 [7]
- Creación de actividades didácticas en liña con ARDORA. Edición Abalar. [8]
Website:
Tema:
Colectivo:
Sección: