Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Convocatoria de plans de formación permanente do profesorado para implantar en centros públicos no curso 2012/2013

Convocatoria de plans de formación permanente do profesorado para implantar en centros públicos no curso 2012/2013 [1]

Enviado por administrador a Mar, 29/05/2012 - 08:44
Gallego

Xúntase a Resolución do 22 de maio de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2012-2013.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, como responsable da formación do profesorado, convoca plans de formación permanente para implantar en centros públicos no curso 2012-2013.

Que son?

Plans específicos de formación permanente que, partindo dunha avaliación das necesidades do centro, permitan deseñar accións formativas destinadas á actualización e o perfeccionamento das competencias profesionais do profesorado para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares.

Características

  • Terán como obxecto desenvolver unha ou máis liñas de traballo.

  • As liñas estarán integradas por un ou máis itinerarios formativos.

  • Teñen unha planificación mínima de dous cursos escolares e máxima de catro.

  • Deben estar aprobados polo Claustro e polo Consello Escolar e incluiranse na programación xeral anual do centro.

  • Debe participar máis do 50% do Claustro. Cada profesor/a pode integrarse como mínimo nun dos itinerarios que forman o plan.

Destinatarios

Centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Cada centro pode solicitar un único plan. Varios centros con necesidades comúns e proximidade xeográfica poderán presentar un plan conxunto.

Liñas de traballo

  1. Estratexias profesionais para a mellora da competencia en lectura e escritura (impresa e dixital), como ferramenta imprescindible para a aprendizaxe no alumnado, e potenciación do uso instrumental das linguas co seu tratamento integrado.

  2. Mellora da competencia lingüística do profesorado en linguas estranxeiras.

  3. Integración didáctica das TIC, e no uso para o traballo cooperativo en rede a través de espazos virtuais.

  4. Atención á diversidade e ao éxito escolar, promovendo a innovación, reflexión e avaliación da práctica educativa que propicie melloras metodolóxicas para o desenvolvemento das competencias básicas, do traballo cooperativo do profesorado así como dos cambios organizativos.

  5. Mellora da convivencia escolar e do clima de aula, fomentando valores básicos para o desenvolvemento persoal e as relacións sociais.

  6. Formación en competencias científicas e didácticas nas diferentes áreas do currículo.

 

Prazo de presentación e documentación a entregar

O prazo de presentación é dun mes a partir do día 29 de maio.

Coa solicitude debe adxuntarse a seguinte documentación:

  1. Documento de detección de necesidades formativas.

  2. Plan de formación permanente do profesorado en centros, no que figurará:

    1. Membros do equipo de formación do centro.

    2. Xustificación e diagnóstico de necesidades formativas detectadas e liñas de formación propostas para cada ano.

    3. Obxectivos xerais que se pretenden acadar co plan.

    4. Itinerarios formativos do plan especificando para cada ano:

      • Obxectivos.

      • Contidos.

      • Actividades: modalidades e temporalización.

      • Metodoloxía de traballo.

      • Orzamento estimado e desagregado por curso escolar dos gastos directamente relacionados co desenvolvemento das actividades formativas (material, docencia e desprazamentos de relatores).

      • Relación de profesores participantes.

    5. Medidas organizativas internas do centro previstas para o desenvolvemento do plan acordes coa normativa vixente que regula a homologación e rexistro de actividades de formación.

    6. Criterios e indicadores para o seguimento e avaliación do plan e da súa aplicación na aula.

  3. Certificación da aprobación do plan polo Claustro e o Consello escolar.

 

  • Para a presentación da solicitude poderán contar co apoio do CAFI ou o CFR do seu ámbito ou zona

File: 

PDF icon Resolución do 22 de maio de 2012: Selección de plans de formación permanente do profesorado (DOG) [2]
PDF icon Corrección de erros (DOG) [3]
Microsoft Office document icon Anexo I: Solicitude de plans de formación [4]
Microsoft Office document icon Anexo II: Plans de formación permanente do profesorado [5]
Microsoft Office document icon Anexo III: Certificación de aprobación en Claustro [6]
Microsoft Office document icon Anexo IV: Certificación de aprobación en Consello Escolar [7]
PDF icon Anexo V: Guía para a elaboración da memoria da actividade do curso 2012/2013 [8]
PDF icon Resolución provisional de Proxectos de formación interna en centros 2012/2013 [9]
PDF icon Resolución do 15 de outubro de 2012: Selección definitiva de plans de formación permanente do profesorado (DOG) [10]
PDF icon Corrección de erros da Resolución do 15 de outubro de 2012, (DOG) [11]
PDF icon Continuidade dos centros no curso 2013-2014 [12]
Proxectos de Formación Permanente do Profesorado [13]
Formación [14]
Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa [15]
Servizo de Programas de Formación [16]
Profesorado [17]
Centros [18]
Innovación [19]
Boletín [20]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/4864

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/4864
[2] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2012/05/29/20120528_plans_formacion_permanente.pdf
[3] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2012/05/29/20120605_correccionerros.pdf
[4] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2012/05/29/anexoi_galego.doc
[5] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2012/05/29/anexoii_galego.doc
[6] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2012/05/29/anexoiii_galego.doc
[7] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2012/05/29/anexoiv_galego.doc
[8] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2012/05/29/anexo_v.pdf
[9] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2012/05/29/resolucion_provisional.pdf
[10] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2012/05/29/20121023_resolucion_plans_formacion_permanente.pdf
[11] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2012/05/29/20121102_correccion_erros_plans_formacion.pdf
[12] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2012/05/29/resolucioncontinuidade2013.pdf
[13] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/155
[14] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/153
[15] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/43
[16] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/45
[17] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado
[18] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros
[19] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/403
[20] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/613