VII Mostra de Proxectos "Tecnoloxía na rúa" o 1 de xuño de 2012 en Santiago de Compostela [1]
Enviado por juliatabo a Ven, 25/05/2012 - 09:59Un ano máis chega da man do IES Rosalía de Castro de Santiago a VII Mostra de Proxectos "Tecnoloxía na rúa", organizada polo centro compostelán e a Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia. Os proxectos presentados foron realizados por alumnado de toda Galicia ao que a Mostra permite amosar un traballo desenvolvido nas aulas desta materia da educación secundaria.
Ademais de proxectos de mecanismos, electricidade, electrónica ou robótica tamén haberá, como na pasada edición, obradoiros prácticos para os visitantes, como un de látex e outro de edición fotográfica con software libre.
Como novidade, este ano realizaráse unha mostra de aparatos tecnolóxicos que foron quedando en desuso, como ordenadores ZX Spectrum ou NorthStar, ambos de 1982, unha videoconsola SOUNDIC, un amplificador HI- FI de válvulas, teléfono móbil de manivela, calculadoras mecánicas,... e tamén unha mostra da evolución dos sistemas operativos dos ordenadores domésticos, dende o MSDOS, Apple Lisa, Linux ou Windows 95.
Data: 1 de xuño de 2012
Lugar: Praza do Toural en Santiago de Compostela
Horario: de 17:00 a 20:30 horas
Podedes anotarvos cubrindo o formulario de inscrición. [2]
Para calqueira dúbida ou suxestión non dubidedes en escribir a: contacto@apetega.org [3].
Website:
Tema:
Colectivo:
Sección: