Os premios europeos Medea fomentan a innovación e as boas prácticas no uso dos medios audiovisuais na educación [1]
Enviado por juliatabo a Ven, 04/05/2012 - 08:56Co patrocinio da Comisión Europea os premios anuais MEDEA abren o concurso que recoñece a excelencia no uso dos medios de comunicación para apoiar o aprendizaxe e dedican un premio especial a material educativo que promova o envellecemento activo e a solidariedade entre as xeracións.
En cada edición do concurso inclúese unha serie de premios relacionados con categorías específicas. Este ano 2012, como un compromiso co Ano Europeo do Envellecemento Activo e da Solidariedade Interxeracional, o Comité Organizador dará un premio especial á mellor entrada de medios de comunicación educativa (audio, vídeo, gráficos e animación) que promovan o envellecemento activo e a solidariedade entre as xeracións.
Este premio especial está aberto a profesorado, alumnado, persoal docente, produtores e calquera persoa que teña creado medios de produción educativa que utilicen claramente recursos multimedia para fomentar e promover o envellecemento activo e a solidariedade entre as xeracións. As presentacións poden ser realizadas en castelán, inglés, francés, alemán, italiano e polaco.
A participación é gratuíta e a presentación das participacións é ata o 17 de setembro de 2012.
Todos os finalistas serán invitados a participar na presentación aos medios de comunicación no congreso 2012 en Bruxelas, que terá lugar do 14 ao 15 novembro e inclúe a cerimonia de entrega dos premios Medea.
Website:
Tema:
Colectivo:
Sección: