Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > X Certame de Microvídeos IES San Clemente

X Certame de Microvídeos IES San Clemente [1]

Enviado por boletin a Mér, 30/04/2025 - 10:43

O IES San Clemente de Santiago de Compostela, a través da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, convocan o X Certame de Microvídeos co obxecto de promocionar o uso do galego. Organízase en dúas seccións: sección xeral de microvídeos (de temática libre) e sección especial #escollemosgalego (dirixida a microvídeos pensados para as redes sociais), e tres categorías de participación:

A. Estudantes de secundaria de calquera lugar do mundo.

B. Persoas de calquera idade de calquera lugar do mundo.

C. Estudantes do IES San Clemente, en calquera das súas modalidades.

O prazo de admisión das propostas finalizará o 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Outorgaranse dous premios por cada categoría e sección:

  • 1º premio: vale de 100 €
  • 2º premio: vale de 75 €

As bases do concurso e a información ampliada poderanse consultar nesta ligazón [2]

Gallego
Portada [3]

Tema: 

Información xeral [4]
Axudas e premios [5]

Sección: 

Boletín [6]
Portada de boletín [7]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/46536

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/46536
[2] https://www.iessanclemente.net/2025/04/29/24851/
[3] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2025/04/30/2525210967ec7cd4307b29fa6ffc0814.jpg
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/123
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/117
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/613
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/623