Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > IV Edición dos Premios Mentes AMI

IV Edición dos Premios Mentes AMI [1]

Enviado por boletin a Xov, 27/03/2025 - 11:30

O proxecto Mentes AMI da Fundación Atresmedia busca recoñecer e dar visibilidade ao traballo docente no desenvolvemento de competencias mediáticas, dixitais e da información nas aulas, así como fomentar o pensamento crítico, a creatividade e os valores entre o alumnado.

Os premios están abertos a iniciativas que promovan estas competencias desenvolvidas durante o curso académico 2024/25 con alumnado das etapas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional (graos básico e medio), e alumnado menor de 18 anos de escolas de segunda oportunidade.

Os centros educativos ou profesorado, ben de xeito individual ou en equipo, interesados en participar poderán presentar os seus proxectos a través da seguinte ligazón: Premios Mentes AMI [2].

Prazo de inscrición: ata o 30 de abril de 2025 ás 14.00 horas.

Para ampliar a información cumprirá consultar a nota informativa e as bases que se xuntan.

 

Gallego
Portada [3]

File: 

PDF icon Nota informativa [4]
PDF icon Bases [5]
Ficheiro Vídeo [6]

Tema: 

Información xeral [7]
Axudas e premios [8]

Sección: 

Boletín [9]
Portada de boletín [10]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/46299

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/46299
[2] https://fundacion.atresmedia.com/Mentes-AMI/Premios/
[3] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2025/03/27/8f7049e99aa3237975fbe50308828f3e.jpg
[4] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2025/03/27/f403e93aecaa9ae02e26d938740ab78e.pdf
[5] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2025/03/27/8612928b38d8cc46bf4bd34cd6e63acb.pdf
[6] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2025/03/27/71ffeb93fdf1878e26808d52ec71c941.mp4
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/123
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/117
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/613
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/623