Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Premio UNESCO para a Educación de Nenas e Mulleres 2025

Premio UNESCO para a Educación de Nenas e Mulleres 2025 [1]

Enviado por boletin a Lun, 24/03/2025 - 09:07

O Premio UNESCO de educación das nenas e as mulleres honra as innovacións e contribucións destacadas que realizaron particulares, institucións e organizacións para fomentar a educación de nenas e mulleres. Trátase do primeiro Premio UNESCO destas características e a súa singularidade consiste en promover proxectos de éxito que melloren e fomenten as perspectivas educativas de nenas e mulleres e, á súa vez, melloren a súa calidade de vida.

Co apoio do goberno da República Popular de China, o premio outórgase anualmente a dous laureados e consta dun importe de 50 000 dólares estadounidenses para cada un deles, co fin de impulsar o seu labor no ámbito da educación das nenas e mulleres.

Cada Estado Membro da UNESCO pode propor un máximo de tres candidaturas que serán presentadas a través da súa Delegación Permanente en colaboración coa súa respectiva Comisión Nacional. Tamén poderán presentar candidaturas as ONG en relación especial coa UNESCO.

Os centros educativos interesados en participar terán que cubrir o cuestionario en liña, en francés ou inglés. antes do 12 de maio. Para acceder ao cuestionario deberán solicitar o acceso á plataforma a través do correo GWEPrize@unesco.org [2]

A información ampliada sobre a convocatoria está accesible nesta ligazón [3] e nos documentos que se xuntan.

 

Gallego
Portada1 [4]
Portada 2 [5]

File: 

PDF icon Convocatoria en francés [6]
PDF icon Convocatoria en inglés [7]
PDF icon Estatutos en francés [8]
PDF icon Estatutos en inglés [9]
PDF icon Nota explicativa en francés [10]
PDF icon Nota explicativa en inglés [11]

Tema: 

Información xeral [12]
Axudas e premios [13]
Premios europeos e internacionais [14]

Sección: 

Boletín [15]
Portada de boletín [16]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/46273

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/46273
[2] mailto:GWEPrize@unesco.org
[3] https://www.unesco.org/es/prizes/girls-womens-education
[4] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2025/03/24/aad6e2fbe4b2ba5de5804172140fa0df.jpg
[5] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2025/03/24/24ec519365f6653c4d67c90bb3972f22.jpg
[6] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2025/03/24/252441ddf731e4f9a1ce0d9977980f68.pdf
[7] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2025/03/24/d1b685bdf3117d0d2732cc86e25f6f88.pdf
[8] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2025/03/24/fe7d1058b630e372b38bb1bb3c8541ad.pdf
[9] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2025/03/24/4d7879cebc197ef2ea6f1bffe9594498.pdf
[10] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2025/03/24/2c6eb7383257cea4d55886b9bc996f35.pdf
[11] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2025/03/24/17c1909aea201c793185a46d4bf22b87.pdf
[12] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/123
[13] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/117
[14] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/626
[15] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/613
[16] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/623