Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > XIII Día das Rapazas nas TIC

XIII Día das Rapazas nas TIC [1]

Enviado por asesoria.igualdade a Ven, 14/03/2025 - 09:08

O próximo xoves, 24 de abril, o Centro de Supercomputación de Galicia, a Dirección Xeral de Igualdade e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia organizan o "Día das Rapazas nas TIC" (Girls in ICT Day), dirixido especiamente ao alumnado do último ciclo de centros de primaria e secundaria de Galicia. A información do movemento a nivel internacional poderase consultar nesta ligazón https://www.itu.int/women-and-girls/girls-in-ict/ [2]

Para celebralo, ese día no CESGA celebramos  COLOQUIO VIRTUAL DE TECNÓLOGAS GALEGAS CO ALUMNADO DOS CENTROS EDUCATIVOS

Trátase dun animado coloquio virtual dende o CESGA dirixido a centros educativos, no que participan 4 destacadas galegas emprendedoras, investigadoras e tecnólogas no eido das TIC, ás que o alumnado participante dos centros galegos de primaria e secundaria poderá preguntar todas aquelas inquedanzas e dúbidas sobre os seus eidos profesionais ou as súas motivacións persoais que as levaron a traballar neste eido. 

Este ano contamos cunha investigadora en física cuántica, unha docente, directora de área e investigadora en telecomunicacións, unha enxeñeira aeroespacial que participa desenvolvendo un coche monoplaza de carreiras e unha enxeñeira informática líder de proxectos internacionais e exitosa creadora de contidos en TikTok e outras RRSS.

As catro complementan cos seus perfis diversos unha realidade do mundo profesional na que as tecnoloxías xogan un papel moi importante e as veces non tan "evidente".

A apertura institucional e o coloquio comezará as 11.00 horas, cunha duración de 1 hora e media, ata ás 12.30 horas. (toda a información na seguinte ligazón: https://e-learning.cesga.es/ictgogirls/ [3] ). Durante todo o coloquio poderase participar con preguntas e comentarios dirixidos ás relatoras en directo. A parte técnica non será ningún problema, porque so require o acceso a través dun navegador web.

Gallego
TIC [4]

Tema: 

Información xeral [5]
Igualdade [6]
Programas e plans [7]

Sección: 

Boletín [8]
Portada de boletín [9]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/46172

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/46172
[2] https://www.itu.int/women-and-girls/girls-in-ict/
[3] https://e-learning.cesga.es/ictgogirls/
[4] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2025/03/14/deb201b632af7d3c29d8018b5c3c9e04.jpg
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/123
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/igualdade
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/133
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/613
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/623