Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Programa “Fly The Future” dirixido aos centros de educación secundaria de Lugo

Programa “Fly The Future” dirixido aos centros de educación secundaria de Lugo [1]

Enviado por boletin a Mér, 12/02/2025 - 13:49

A Xunta de Galicia, en colaboración con Avincis e co Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA), ofrecen aos centros educativos da provincia de Lugo a actividade "Fly the future", que ten por obxecto espertar entre o alumnado de secundaria a vocación polas carreiras universitarias STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas).

A actividade materialízase nunha visita ao Centro Internacional de Investigación de Sistemas Autónomos Avanzados co que conta Avincis no Parque Industrial de Rozas en Castro de Rei (Lugo) e ao Centro de Investigación Aeroportada de Rozas da man do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA). A actividade é totalmente gratuíta para os centros.

 

Lugar: Aeródromo de Rozas - 27271 Castro de Rei (Lugo).

Duración: 1h 45 minutos. Hora de inicio 10.00 h.

Dirixido a estudantes de educación secundaria de Lugo. Actividade gratuíta.

Datas: venres de 2025.

Inscrición no seguinte formulario: https://www.civiluavsinitiative.com/gl/visitas-programa-vocacions/# [2]

Para ampliar información cumprirá consultar o documento informativo que se xunta.

 

Gallego
Portada [3]

File: 

PDF icon Documento informativo [4]

Tema: 

Información xeral [5]
Programas e plans [6]

Sección: 

Boletín [7]
Portada de boletín [8]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/45838

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/45838
[2] https://www.civiluavsinitiative.com/gl/visitas-programa-vocacions/
[3] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2025/02/12/d1f6b412a87fea5ff321786a5a9bc754.jpg
[4] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2025/02/12/661b652d377f61fd65f6c92e959e4b75.pdf
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/123
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/133
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/613
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/623