Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia: "Atrévete a pescudar con elas!"

Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia: "Atrévete a pescudar con elas!" [1]

Enviado por boletin a Mar, 04/02/2025 - 15:38

No marco do Día da Muller e da Nena na Ciencia, a Unidade de Divulgación Científica da UDC convoca unha nova edición de Atrévete a pescudar con elas!, unha iniciativa que achega o mundo da investigación ao alumnado de educación primaria e secundaria a través de dúas pezas audiovisuais protagonizadas por investigadoras coruñesas.

Nestes vídeos, as científicas comparten a súa traxectoria, logros profesionais e experiencias persoais, relatando anécdotas co obxectivo de espertar a curiosidade científica e inspirar futuras vocacións investigadoras.
Vídeos dispoñibles:
• Educación Primaria: https://www.youtube.com/watch?v=eD67WOkNaEc [2]  
• Educación Secundaria: https://www.youtube.com/watch?v=bY87SogdcMI  [3]

Como participar? Os centros educativos poden visualizar os vídeos co seu alumnado e enviar preguntas ás investigadoras ata o 31 de marzo a través desta ligazón: https://forms.office.com/r/GV1Qw5sxMX [4]

Animádevos, xa que entre os/as participantes se realizará un sorteo para visitar algún dos centros do Parque Tecnolóxico da nosa universidade; poderedes, así, ver o lugar de traballo das nosas científicas!
 

Gallego
Portada [5]

Tema: 

Información xeral [6]
Igualdade [7]
Recursos [8]
Actividades [9]

Sección: 

Boletín [10]
Portada de boletín [11]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/45766

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/45766
[2] https://www.youtube.com/watch?v=eD67WOkNaEc
[3] https://www.youtube.com/watch?v=bY87SogdcMI 
[4] https://forms.office.com/r/GV1Qw5sxMX
[5] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2025/02/05/5da186f07ca8b87238f17fde99c8f9a5.jpg
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/123
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/igualdade
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/125
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/657
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/613
[11] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/623