Actualizado o repositorio do espazoAbalar con 30 novos contidos [1]
Enviado por juliatabo a Xov, 29/03/2012 - 14:27O repositorio de contidos do espazoAbalar ampliou unha vez máis a súa oferta, co que na actualidade chégase aos 960 recursos educativos. Nesta ocasión incorporáronse 30 novos contidos, procedentes fundamentalmente de licenzas por estudo de convocatorias anteriores, docentes que comparten material educativo segundo o procedemento aberto dentro do espazoAbalar e novos contidos do programa PALE 2011.
Así, dentro procedemento aberto para ceder este material para o seu uso no repositorio de contidos dixitais do espazoAbalar, están os recursos compartidos por Angélica Fernández Pernas e Encarnación Bermúdez Bellón do CEIP Ramón de la Sagra (A Coruña):
- Las horas [2] (1º Educación Primaria )
- Monedas y billetes de euro [3] (1º Educación Primaria)
- Problemazos [4] (1º Educación Primaria)
- Lecturitas [5] (1º Educación Primaria)
E tamén de Isabel Blanco Pumar do CEIP Plurilingüe de Vilar de Barrio:
- The Weather [6] (4º Educación Primaria)
A continuación, preséntase unha pequena selección de recursos procedentes de licenzas por estudo de varios docentes. En primeiro lugar, da docente Adela Leiro Lois, do IES Francisco Asorey de Cambados, no ano 2009/2010:
En segundo lugar, recursos procedentes da docente Mila Barcala Patiño do CEIP O Piñeiriño en Vilagarcía, no ano 2009/10. Trátase de 14 contos adaptados en inglés con debuxos da autora. Algúns deles contan ademais con video. Son os seguintes:
- A Stormy Day: The Weather, Toys and Body [10] (4º Educación Primaria)
- The Christmas Tree [11] (4º Educación Primaria)
- Numbers All the Time: Numbers from 1 to 20 [12] (1º Educación Primaria)
- The Baby Drops Trip: The Weather - The Water Cycle [13] (4º Educación Primaria)
- Maios: Celebration [14] (4º Educación Primaria)
- Ladybug Story [15] (2º Educación Primaria)
- Fancy Dress Party at School [16] (4º Educación Primaria)
- The Chesnut Party [17] (4º Educación Primaria)
- Missy is Missing [18] (4º Educación Primaria)
- The Days of the Week [19] (2º Educación Primaria)
- Colours Story: The Rainbow Colours [20] (1º Educación Primaria)
- Very Late [21] (3º Educación Primaria)
- Speaking English [22] (2º Educación Primaria)
- The Most Important Day of the Week [23] (2º Educación Primaria)
En terceiro lugar, recursos dunha Licenza por Estudos no ano 2009/2010 das docentes Julia Camiña Crespo e Flora García González: catro libros interactivos que formarían parte dun "Curso de iniciación ao galego para estranxeiros":
- A rúa [24] (NEAE – Educación Primaria)
- A casa [25] (NEAE – Educación Primaria)
- O corpo [26] (NEAE – Educación Primaria)
- O cole [27] (NEAE – Educación Primaria)
O seguinte bloque de contidos é a continuación da selección de recursos procedentes do Programa PALE 2011 e outras actividades formativas de linguas.
- Les grands écrivains du XIX siècle [28] (4º ESO)
- Permutations and combinations [29] (3º ESO)
- Preparation of Drafts of Solar Photovoltaic Energy Projects [30] (1º Ciclos Formativos)
Por último, preséntase un xogo interactivo da Dirección Xeral de Protección Civil (Consellería de Presidencia, Administración Pública e Xustiza)
- Autoprotéxete con Proteliña [31] (3º Educación Primaria)
Finalmente, aquelas persoas que elaboran material educativo e están interesadas en ceder este material para o seu uso no repositorio de contidos dixitais do espazoAbalar, dispoñen dun procedemento no que se explican os pasos a seguir.
Acceder ao procedemento [32]
Tema:
Colectivo:
Sección: