Carreira escolar "Kilómetros de Solidaridad" [1]
Enviado por boletin a Mér, 20/09/2023 - 14:36A organización Save the Children presenta unha iniciativa educativa solidaria que leva organizando xunto a miles de centros educativos en España desde hai 20 anos: Kilómetros de Solidaridad.
Trátase dun proxecto de educación e de mobilización escolar, en formato de carreira escolar, dirixido a alumnos e alumnas desde infantil a bacharelato.
Contén diferentes propostas didácticas adaptadas a cada etapa e permite que miles de estudantes se sensibilicen e actúen por mellorar as condicións de vida doutros nenos e nenas.
A iniciativa está pensada para que cada centro educativo organice a súa carreira o día que prefira, aínda que o 20 de novembro ou o 30 de xaneiro son datas sinaladas para a infancia.
Pódese consultar toda a información a través desta ligazón [2].
Tema:
Sección: