Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Resolución provisional de adxudicación e de persoas excluídas do concurso de traslados dos corpos de catedráticos e PES, PT, EOI, música e artes escénicas, APD, profesores técnicos de FP, mestres de taller de APD e inspectores de educación

Resolución provisional de adxudicación e de persoas excluídas do concurso de traslados dos corpos de catedráticos e PES, PT, EOI, música e artes escénicas, APD, profesores técnicos de FP, mestres de taller de APD e inspectores de educación [1]

Enviado por administrador a Ven, 24/02/2023 - 08:00
Gallego

Xúntase a Resolución do 23 de febreiro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolve provisionalmente o concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación (código de procedemento ED012A).

O persoal concursante poderá presentar reclamación á resolución provisional ou renuncia á participación obrigatoriamente por medios electrónicos mediante os trámites activados para estes efectos na Carpeta cidadá no prazo comprendido entre o día 27 de febreiro ata o 10 de marzo de 2023, ambos incluídos.

  • Para formular reclamacións deberá proceder do seguinte xeito:

a) para reclamar ao baremo provisional

Nota: Cómpre revisar previamente as puntuacións outorgadas que se refliten na lapela de baremo na súa instancia presentada no enderezo web: https://www.edu.xunta.gal/cxt/ [2]

1.-Unha vez feita esta comprobación, Acceder a www.edu.xunta.gal/cxt [3]

2.-Na opción Participación do menú poderá ver a súa instancia validada, prema na ligazón "Reclamar baremo" da columna Prazo reclamación resolución provisional e abrirase unha nova xanela.

3.-Nesta nova xanela poderá redactar en cada un dos apartados as súas reclamacións.

4.-Cando remate as reclamacións prema no botón "gardar" e a continuación no botón "volver".

5.- A ligazón PDF Reclamacións da columna Prazo reclamación resolución provisional poderá xerar e descargar o informe coa reclamación no buzón de informes.

6.-Unha vez descargado e gardado o informe pdf de reclamación, deberá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/ [4]) e localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED012A) e premer no botón “Acción” para elixir a opción “Alegacións”.

7.-Cubra o formulario de “Alegacións” e na xanela de “Anexar documentación”, “Engadir outro documento” debe subir o documento pdf de Reclamacións xerado na aplicación do concurso que previamente descargou e gardou.

8.- Finalmente debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa reclamación premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a reclamación como o recibo de presentación desta.

b) para reclamar á exclusión provisional

Deberá reclamar accedendo directamente á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/ [4]) e localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED012A) e premer no botón “Acción” para elixir a opción “Alegacións” de conformidade cos pasos descritos no punto anterior.

  • Para formular renuncia deberá proceder do seguinte xeito:

1.-Acceder a www.edu.xunta.gal/cxt [3]

2.-Opción "Participación" do menú, na parte inferior da páxina está a opción de Renuncia ao concurso.

3.-Marcar o recadro Renuncia ao concurso no corpo de participación e premer no botón "Renunciar".

4.-Descargar o documento PDF que está ao lado do recadro que acaba de marcar.

5.-Unha vez descargado e gardado o informe pdf de renuncia, deberá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/ [4]) e localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED012A) e premer no botón “Acción” para elixir a opción “Renuncia”.

6.-Cubra o formulario de “Renuncia” e na xanela de “Anexar documentación”, “Engadir outro documento” debe subir o documento pdf de Renuncia xerado na aplicación do concurso que previamente descargou e gardou.

7.- Finalmente debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa renuncia premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa renuncia estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a renuncia como o recibo de presentación desta.

 

Información relacionada

Anuncio principal: 

Concurso xeral de traslados dos corpos de persoal docente non universitario dependente da Consellería competente en materia de educación [5]

Servizo relacionado: 

CXT [6]
Concurso de traslados [7]
Ensinanzas de réxime xeral [8]
Ensinanzas de réxime especial [9]
Educación de persoas adultas [10]
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional [11]
Profesorado [12]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39229

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39229
[2] https://www.edu.xunta.gal/cxt/
[3] http://www.edu.xunta.gal/cxt
[4] http://sede.xunta.gal/
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/cxt2022
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/1771
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/195
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/218
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/109
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/112
[11] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/206
[12] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado