Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Convocatoria de axudas destinadas ao alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico 2022/23, teña dificultades económicas para continuar estudos

Convocatoria de axudas destinadas ao alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico 2022/23, teña dificultades económicas para continuar estudos [1]

Enviado por administrador a Lun, 09/01/2023 - 10:22
Gallego

Orde do 21 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas ao alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico 2022/23, teña dificultades económicas para continuar estudos (código de procedemento ED433A).

  • Prazo de presentación das solicitudes:

a) Se a causa sobrevida e imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

b) Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida; nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes é o 31 de xullo de 2023, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.2.

c) Se a causa sobrevida e imprevista é o falecemento dalgún dos sustentadores principais da unidade familiar, o prazo de presentación será desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia ata o o 31 de xullo de 2023, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.2.

File: 

PDF icon Orde do 21 de novembro de 2022 (DOG) [2]
PDF icon Extracto da Orde do 21 de novembro de 2022 (DOG) [3]
Bolsas [4]
Universidade [5]
Secretaría Xeral de Universidades [6]
Alumnado [7]
Boletín [8]
Portada de boletín [9]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38853

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38853
[2] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0655-221122-0003_gl.pdf
[3] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0655-221122-0004_gl.pdf
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/238
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/108
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/6
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/alumnado
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/613
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/623