Cursos CALC [1]
Enviado por portalcafi a Ven, 04/11/2022 - 12:35Os Cursos de Actualización Lingüística e Comunicativa do Profesorado (CALC) están orientados ao desenvolvemento das destrezas orais e da competencia comunicativa nunha lingua estranxeira, co fin de que o profesorado participante consiga a capacidade expresiva necesaria para poder impartir as súas aulas baixo estas premisas. Por este motivo, os CALC están dirixidos, preferentemente, ao profesorado de centros plurilingües e seccións bilingües que debe dar a súa materia en lingua estranxeira, pero pode matricularse calquera profesor que desexe acreditarse para impartir áreas, materias ou módulos non lingüísticos nunha segunda lingua.
Estes cursos teñen como obxectivo a preparación do profesorado para a superación das probas de certificación das EEOOII, en inglés. As persoas asistentes recibirán un certificado polas 60 horas de formación recibidas, pero non a a acreditación de nivel lingüístico, para iso deben superar as probas oportunas.
Unha vez seleccionado, o profesorado deberá acreditar que posúe o nivel de competencia anterior para ser admitido no curso, de acordo co anexo da Orde do 18 de febreiro de 2011 [2], de acreditación de idiomas. O profesorado que conte con coñecementos previos pero non cunha certificación que o acredite, pode realizar unha proba de nivel previamente no CAFI ou CFR correspondente (pendente de confirmación da data), para a que deberá inscribirse a través da aplicación www.edu.xunta.gal/fprofe [3].
O prazo de inscrición en Fprofe está aberto ata o día 30 de novembro.
