Concurso xeral de traslados dos corpos de persoal docente non universitario dependente da Consellería competente en materia de educación [1]
Enviado por administrador a Ven, 14/10/2022 - 10:00Xúntase a Orde do 4 de outubro de 2022 pola que se convoca concurso de traslados entre o persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación (código de procedemento ED012A).
O prazo de presentación de solicitudes do concurso de traslados, mediante o procedemento normalizado ED012A, será desde o día 17 de outubro ata o 7 de novembro de 2022, ambos os dous incluídos. Finalizado este prazo non se admitirá ningunha nova solicitude nin a modificación das presentadas e os seus termos terán carácter vinculante para as persoas solicitantes.
File: