S2101079 - Estratexias de aprendizaxe nas linguas estranxeiras para o alumnado con NEAE [1]
Enviado por portalcafi a Lun, 11/10/2021 - 22:16Este curso busca aportar, por unha banda, estratexias de diferenciación curricular no ensino das linguas estranxeiras atendendo aos contidos, á metodoloxía e á avaliación. Por outra banda, esta actividade axudará na planificación de secuencias didácticas tomando como referencia o marco do Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA) e fomentará as experiencias inclusivas nas aulas de idiomas.
Gallego
O curso "Estratexias de aprendizaxe nas linguas estranxeiras para o alumnado con NEAE" (S2101079) desenvolverase durante catro xoves, cunha duración de 15 horas distribuídas do seguinte modo:
28 de outubro - en horario de 16.30 a 20.30
4 de novembro - en horario de 16.30 a 20.30
11 de novembro - en horario de 16.30 a 20.30
18 de novembro - en horario de 16.30 a 19.30
O relator da actividade será David González Gándara.
O lugar de celebración será no Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI).

CAFI [2]