Convocado o concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2021/22 entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores, catedráticos, PES, FP, EOI, mestres,... que non teñan destino definitivo, interinos, substitutos... [1]
Enviado por administrador a Lun, 28/06/2021 - 09:47Resolución do 16 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2021/22 entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, o persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, o persoal interino e substituto e o persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (código de procedemento ED002B).
- Prazo de solicitude
O prazo para formular a solicitude, que se presentará do xeito que se establece no artigo 14 da Orde do 7 de xuño de 2018, pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente, será de 15 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
File: