Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Enquisa de diagnose da convivencia 2021

Enquisa de diagnose da convivencia 2021 [1]

Enviado por administrador a Ven, 09/04/2021 - 15:07
 Enquisa de diagnose da convivencia 2021 [2]
Enquisa de diagnose da convivencia 2021
Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade pon en marcha a III macroenquisa de diagnose da convivencia 2021 dirixida ao conxunto da comunidade educativa galega (profesorado, alumnado a partir de 5º de primaria, persoal non docente e familias). O prazo está aberto desde o 12 ata o 29 de abril, ambos incluídos. Esta acción enmárcase dentro da futura Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2021-2025.

Os centros educativos establecerán as medidas necesarias para o acceso do alumnado ás aulas de informática para cubrir os cuestionarios. Igualmente posibilitará que o profesorado e o persoal de administración e servizos poida acceder aos mesmos.

En canto ás familias, a dirección do centro facilitaralles as claves de acceso coas indicacións precisas sobre como actuar.

Esta recollida de datos faise mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónima, a través da aplicación convivenciaxestion. [3]

Documentos informativos:

  • Preguntas frecuentes cuestionario de convivencia 2021 [4]

  • Guía de usuario do cuestionario de convivencia [5]

  • Manual de uso da aplicación convivenciaxestion [6]

  • Cuestionario pictográfico [7]

Información xeral [8]
Ligazóns de interese [9]
Boletín [10]
Portada de boletín [11]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/33585

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/33585
[2] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/enquisa.jpg
[3] https://www.edu.xunta.gal/convivenciaxestion/
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/filefield_paths/faq_convivencia_censual_2021.pdf
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/guia_uso_censual_2021.pdf
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/manual.pdf
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/cuestionariopictografico.pdf
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/123
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/171
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/613
[11] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/623