24 de febreiro, Día de Rosalía [1]
Enviado por asesoria.igualdade a Mar, 23/02/2021 - 12:04Cada 24 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía, en recordo do aniversario da nosa autora máis universal. O Calendario do Libro e da Lectura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade recolle tamén esta data co fin de consolidar a celebración colectiva da obra literaria da nai das letras galegas.
Podedes consultar aquí algúns recursos de interese para conmemorar a Rosalía nas nosas aulas:
- Campaña #Teusdocescantares da Asociación de Escritores en Lingua Galega para centros educativos [2]
- Día de Rosalía na páxina de Bibliotecas escolares de Galicia [3]
- Lista de música baseada en poemas musicados en Spotify [4]
Tema:
Sección: