IV Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal [1]
Enviado por boletin a Ven, 12/02/2021 - 12:29Xa está aberta a participación no IV Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal para persoas de todas as idades.
Como en ocasións anteriores, contémplanse tres categorías: infantil, xuvenil e adultos. En total, repartiranse 9 premios ás mellores historias de ata 200 palabras.
O prazo para participar no concurso permanecerá aberto ata o 28 de febreiro. As bases da convocatoria están xa dispoñibles na páxina web relatos.gal [2], que facilitará a entrega dos microrrelatos.
Tema:
Sección: