Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Convocatoria de cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC) en inglés e francés para o profesorado 2011/2012

Convocatoria de cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC) en inglés e francés para o profesorado 2011/2012 [1]

Enviado por administrador a Xov, 22/09/2011 - 13:38
Gallego

Convócanse cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC) en inglés e francés, dirixidos preferentemente ao profesorado de centros plurilingües e seccións bilingües, ademais doutro profesorado que desexe acreditarse para impartir áreas, materias ou módulos non lingüísticos nunha lingua estranxeira.

Estes cursos compoñen un itinerario formativo en tres niveis (A2, B1 e B2), cunha duración de 120 horas por curso. As persoas interesadas deberán acreditar, unha vez seleccionadas, que posúen o nivel A2 para a admisión nos cursos de nivel B1, e que posúen o nivel B1 para a admisión nos cursos de nivel B2.

Os cursos CALC celebraranse nas Escolas Oficiais de Idiomas, consonte o calendario que se indica:

  • Do 21 de setembro ao 2 de outubro: Preinscrición nos cursos a través de http://www.edu.xunta.gal/fprofe [2] (para facilitar a búsqueda dos cursos, seleccionar "Área: linguas estranxeiras").
  • Do 3 de outubro ao 7 de outubro: Selección dos participantes polos CFR e envío de notificacións aos seleccionados.
  • Do 8 de outubro ao 13 de outubro: Confirmación e envío por correo electrónico aos CFR da acreditación do nivel de lingua anterior, no caso dos cursos de nivel B1 e B2, por parte dos seleccionados.
  • 17 de outubro: Inicio dos cursos (cada curso comezará no primeiro día que lle corresponda desa semana).
  • 31 de maio: Fin dos cursos.

File: 

PDF icon Información cursos CALC 2011/2012 (actualizado o 29/09/11) [3]
Información relacionada

Servizo relacionado: 

FPROFE [4]
CALC [5]
Programas e plans [6]
Ensinanzas de réxime especial [7]
Profesorado [8]
Innovación [9]
Linguas estranxeiras [10]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/3244

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/3244
[2] https://www.edu.xunta.gal/fprofe
[3] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2011/09/22/informacion_cursos_calc_2011_2012_29_09_2011.pdf
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/43
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/647
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/133
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/109
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/403
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/631