V Xornada de Onomástica Galega [1]
Enviado por boletin a Ven, 30/10/2020 - 10:59A Real Academia Galega mantén aberto ata o 1 de novembro o prazo de inscrición na V Xornada de Onomástica Galega [2], que terá lugar o vindeiro 7 de novembro no Museo de Pontevedra.
Será posible tamén inscribirse para participar no encontro de maneira telemática a través de Zoom.
O seguimento do 80 % da xornada presencialmente ou por medio desta plataforma permite obter un certificado de asistencia.
A V Xornada de Onomástica ten solicitado o recoñecemento da Consellería de Cultura, Educación e Universidade como actividade de formación permanente do profesorado.
Para formalizar a inscrición, cómpre enviar un correo electrónico a publicacions@academia.gal [3] no que figuren os seguintes datos:
Nome e apelidos ǀ DNI ǀ Enderezo postal completo ǀ Correo electrónico ǀ Teléfono ǀ Datos profesionais
Sección: