S1802021 Atención a urxencias sanitarias para familias [1]
Enviado por portalcafi a Xov, 17/01/2019 - 09:47Durante os últimos anos houbo unha importante sensibilización da poboación cara aos métodos e as técnicas de atención inicial nas situacións de emerxencia.
O feito de que a cidadanía saiba realizar manobras de primeiros auxilios e reanimación, permite diminuír os tempos de asistencia aumentando as posibilidades de éxito nunha intervención favorecendo así o resultado final do accidentado.
Unha rápida chamada a emerxencias sabendo informar correctamente sobre a circunstancia á que nos enfrontamos así como unha actuación rápida de primeiros auxilios, que permitirá poder manter ao accidentado en condicións adecuadas ata a chegada do persoal sanitario.
Entendemos por primeiros auxilios a atención inmediata que se lle dá a unha persoa enferma, lesionada ou accidentada no lugar dos acontecementos, antes de ser atendido por persoal sanitario ou trasladado a un centro asistencial ou hospitalario.
DATAS DE REALIZACIÓN
17-01-2019 (Carlos Prados e Fernando Souto)
- 17:00 - 17:15 - Presentación, introdución e obxectivos.
23-01-2019 (Patricia Giráldez e Fernando Souto)
- 17:00 - 18:30 - RCP básica - DESA integrada - Avaliación RCP básica e DESA integrada
30-01-2019 (Carlos Prados e Fernando Souto)
- 17:00 - 19:30 - Obradoiro de manexo de escenarios clínicos (diabetes, anafilaxia, convulsións, dificultade respiratoria...) - Inmobilización, vendaxes, feridas menores.
- 19:30 - 20:00 - Dúbidas comentarios e conclusións
OBXECTIVOS
OBXECTIVOS XERAIS
-
Coñecer e dominar as técnicas de primeiros auxilios e atención a urxencias sanitarias definidas no protocolo da Consellería
-
Ser quen de actuar de xeito eficiente e seguro en caso de incidencias urxentes que afecten á saúde da Comunidade Educativa
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
-
Saber iniciar a cadea de supervivencia
-
Coñecer a manobra da RCP básica
-
Manexar adecuadamente un desfibrilador externo semiautomático
-
Ser capaz de recoñecer unha parada cardiorrespiratoria, desobstruír unha vía aérea e empregar a posición lateral de seguridade.
-
Saber como actuar ante intoxicacións, queimaduras e escaldaduras.
-
Ser capaz de manexar diferentes escenarios clínicos
-
Coñecer como realizar unha inmobilización, unha vendaxe e como tratar feridas menores.
CONTIDOS
-
Primeiros auxilios e atención a urxencias sanitarias no ámbito educativo: protocolos de actuación.
-
Rexistro, xestión e notificación de urxencias sanitarias no ámbito educativo

File: