G1802015 Xornadas equipos directivos CEE [1]
Enviado por portalcafi a Ven, 02/11/2018 - 14:21Xornadas de formación especializada para os equipos directivos dos centros de educación especial.
Gallego
Os obxectivos da actividade son:
- Afondar no coñecemento da xestión económica, do alumnado, de persoal e de espazos nos centros de educación especial.
- Coñecer diferentes dinámicas que faciliten o traballo neste tipo de centros e promoción de convenios de colaboración.
- Manexar diferentes protocolos de actuación ante problemáticas xurdidas na convivencia no centro.
15 horas presenciais distribuídas en dúas sesións: a primeira celebrarase o vindeiro 24 de novembro en Santiago de Compostela e a segunda realizarase no 2º ou 3º trimestre.
Consulta a ficha da actividade [2] e inscríbete en Fprofe.

Xornadas de formación de equipos directivos de centros de educación especial
CAFI [3]