Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > S1702004 Xornadas de actualización laboral 2017-2018

S1702004 Xornadas de actualización laboral 2017-2018 [1]

Enviado por portalcafi a Xov, 23/11/2017 - 11:10
Curso do Plan Anual 2017/18
Gallego

Do mesmo xeito que en anos anteriores, volverase desenvolver a actividade Xornadas de Actualización Laboral 2017-2018, curso programado para profesorado das familias de Formación e Orientación Laboral e Administración e Xestión.

Obxectivos:

1.Analizar as novidades da normativa laboral e da Seguridade Social para o ano 2018.

2.Confeccionar a documentación utilizable.

3.Realizar supostos prácticos de aplicación.

Contidos:

1.Análise das novidades na normativa laboral para o ano 2018.

2.Análise das novidades na normativa da Seguridade Social para o ano 2018.

Neste curso farase unha análise das novidades na normativa laboral e de Seguridade Social para o ano 2018.

Esta actividade desenvolverase os días 19, 26 e 28 de febreiro en horario de 17:00 a 20:00 (os dous primeiros días), e de 16:30 a 20:30 (o último día).

A actividade celebrarase nas instalacións do CAFI.

As relatoras serán Mª Carmen Sueiro Rial e Alicia Villalba Sánchez.

Enlace Fprofe: preme aquí [2]

Actualización laboral 2017-2018
Actualización laboral 2017-2018
CAFI [3]
Departamentos [4]
Formación Profesional [5]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/23717

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/23717
[2] https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=78317
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/723
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/902
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/759