Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > G1701014: Maquetaxe con Adobe Indesign

G1701014: Maquetaxe con Adobe Indesign [1]

Enviado por portalcafi a Lun, 16/10/2017 - 13:19
Nova actividade na rede dirixida preferentemente ao profesorado de FP da familia profesional de artes gráficas sobre o emprego do software de maquetaxe profesional Adobe Indesign.
Gallego

Esta actividade está dirixida principalmente ao profesorado de FP da familia profesional de Artes gráficas e mais ao profesorado das escolas de artes e oficios do ámbito do deseño. É un curso de iniciación no emprego do software de maquetaxe, dende a configuración inicial ata a creación de documentos e a modificación de estilos. Trata os conceptos fundamentais para empezar a utilizar o programa de composición:

  • os axustes máis básicos da composición de textos.
  • como introducir e axustar ilustracións.
  • como numerar e manipular as páxinas.
  • como engadir pés de foto.
  • como elaborar índices.
  • como distribuír profesionalmente contidos, capítulos, parágrafos..
  • como crear documentos interactivos e entregar un traballo á imprenta.

O titor ten unha longa experiencia no eido do deseño e tamén traballara coma docente nas escolas de artes e oficios, polo cal entende a problemática particular do ensino deste tipo de ferramentas nos centros educativos galegos.

Esta actividade formativa estará baseada na versión Adobe Indesign CS6 [2], xa que é a mais recente que actualmente permite a instalación dunha versión de proba por 30 días.Por iso, se non se dispón dunha licenza, é importante non instalalar a versión de proba no(s) equipo(s) dende onde se vaia seguir o curso, antes da data na que o titor así o indique. Deste xeito os 30 días de proba deberían chegar para completar todas as tarefas que se propoñen no curso.

Data de comezo:  2/10/2017

Data de finalización: 11/12/2017

Lugar de celebración: Platega2 [3]

Número de horas totais: 25

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=78304 [4]

Ligazón á Aula Virtual:  https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=461 [5]

Adobe Indesign
CAFI [6]
Departamentos [7]
Formación Profesional [8]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/23391

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/23391
[2] http://www.adobe.com/es/products/indesign/versions.html
[3] https://www.edu.xunta.es/platega2/
[4] https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=78304
[5] https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=461
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/723
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/902
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/759