Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Convocatoria do Proxecto Educación Dixital E-Dixgal para o curso 2017/2018

Convocatoria do Proxecto Educación Dixital E-Dixgal para o curso 2017/2018 [1]

Enviado por administrador a Ven, 26/05/2017 - 09:00
Convocatoria do Proxecto Educación Dixital E-Dixgal para o curso 2017/2018 [2]
Gallego

Publicada a Resolución do 22 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2017-2018.

O proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) ten como obxecto favorecer a incorporación xeneralizada das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) no desenvolvemento da actividade educativa, facilitando aos centros adscritos á Rede Abalar a dispoñibilidade de libros e doutros materiais dixitais cos que poidan desenvolver o seu proxecto curricular de 5º e 6º de educación primaria e 1º e 2º da ESO no curso 2017-2018.

Os centros adscritos a este proxecto terán acceso a unha contorna virtual de aprendizaxe cos contidos gratuítos proporcionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Os centros deberán utilizar para o desenvolvemento curricular materiais de referencia dixitais, que poden proceder desta contorna e/ou proporcionados polo centro. Se o centro conta con libros e outros materiais didácticos poderán empregarse como complemento ou apoio.

Poderán participar no procedemento de selección da presente convocatoria os centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia adscritos á Rede Abalar que impartan no  curso 2017/2018 ensinanzas de 5º e 6º de educación primaria e/ou 1º e 2º da ESO.

Os centros que participaron na convocatoria do proxecto E-Dixgal realizada mediante Resolución do 22 de abril de 2014 (DOG do 30-04-2014) e resultaron elixidos, entenderanse automaticamente prorrogados na súa participación e non precisarán realizar nova solicitude como consecuencia do proceso de continuidade e consolidación do proxecto.

Pódense ver as mostras dos libros e toda a información do Proxecto na seguinte ligazón:

  • https://eva.edu.xunta.es/course/index.php?categoryid=1951 [3]
  • Usuario: edixgal
  • Contrasinal: edixgal

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

 Máis información:

Portal web espazoAbalar [4]
Correo electrónico: asesoria.tic@edu.xunta.es [5]
 

File: 

PDF icon Resolución do 22 de maio de 2017 (DOG) [6]
PDF icon Resolución do 22 de maio de 2017: Convocatoria do Proxecto Educación Dixital curso 2017/2018 [7]
Ficheiro Anexo I [8]
PDF icon Relación provisional de centros seleccionados [9]
PDF icon Relación definitiva de centros seleccionados [10]
Programas e plans [11]
Abalar [12]
Plans e actuacións en innovación educativa [13]
Educación primaria [14]
Educación secundaria obrigatoria [15]
Dirección Xeral de Formación Profesional [16]
Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa [17]
Profesorado [18]
Alumnado [19]
Familias [20]
Centros [21]
Boletín [22]
Innovación [23]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/22227

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/22227
[2] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/edixgal.png
[3] https://eva.edu.xunta.es/course/index.php?categoryid=1951
[4] http://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/nova/e-dixgal-implantacion-do-libro-dixital-nos-centros-educativos
[5] mailto:asesoria.tic@edu.xunta.es
[6] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20170526_convocatoria_edixgal_1.pdf
[7] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/edixgal_2017_v2.0_2.pdf
[8] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anexo_i_gal.odt
[9] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/edixgal2017_resolucion_provisional.pdf
[10] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/edixgal2017_resolucion_definitiva.pdf
[11] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/133
[12] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/242
[13] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/135
[14] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/82
[15] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/83
[16] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/8
[17] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/43
[18] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado
[19] https://www.edu.xunta.gal/portal/alumnado
[20] https://www.edu.xunta.gal/portal/familias
[21] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros
[22] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/613
[23] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/403