Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Convocatoria de premio de innovación educativa “Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D” para centros públicos

Convocatoria de premio de innovación educativa “Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D” para centros públicos [1]

Enviado por administrador a Ven, 17/03/2017 - 10:41
 programación, robótica e impresión 3D” para centros públicos [2]
Gallego

Poderán presentar solicitudes aqueles centros docentes públicos de ensino non universitario que impartan ensinanzas de educación secundaria obrigatoria ou bacharelato.

Cada centro presentará ata un máximo de 6 equipos. Os equipos estarán configurados por un mínimo de 3 alumnos/as e un máximo de 6; deberán pertencer ao mesmo nivel educativo e estarán titorizados por un docente que pode ser o mesmo para todos os equipos. Procurarase que exista paridade de xénero na elección do alumnado participante.

Cada equipo presentará un proxecto STEM elaborado enteiramente polo alumnado coa dotación que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria realizou aos centros públicos de ensino non universitario no curso 2016/17, segundo as seguintes características:

  • Equipamento de robótica educativa
  • Placas de Comunicación  e Programación
  • Equipo de Impresión 3D

Categorías de participación

  • Categoría STEM junior (iniciación), para proxectos sinxelos realizados por alumnado de iniciación. Aconsellado para 1º, 2º, 3º da ESO, FP Básica ou PMAR.
  • Categoría STEM senior (afondamento), para proxectos máis complexos. Aconsellado para alumnado de 4º ESO e 1º bacharelato.

E ademais, en cada categoría, cada proxecto poderá presentarse aos seguintes “Desafíos”:

  • Desafío Robots: proxecto no que nun escenario un ou varios robots realizan determinadas accións ou tarefas encamiñadas a dar solución a unha situación que teña aplicación na realidade da vida diaria, da industria etc.
  • Desafío Programación: proxecto tecnolóxico que de solución a unha necesidade concreta onde se utilicen linguaxes de programación tipo Scratch .
  • Desafío Impresión 3D: proxecto tecnolóxico onde se utilice unha impresora 3D para o deseño e construción de todas ou parte das pezas da maqueta que represente ao proxecto.

Cada proxecto debe presentarse a unha única categoría e un, varios ou todos os desafíos que se propoñen.

Premios:

Haberá 6 premios, un por cada desafío e categoría de 2.000 euros cada un para o centro docente do equipo gañador.  Cada centro poderá recibir un só premio.

O alumnado dos equipos gañadores recibirá un premio ou unha distinción e poderán participar nun evento onde amosen os seus traballos.

O docente titor de cada equipo gañador recibirá da consellería unha certificación como 1º premio de innovación educativa cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado.

  • O prazo para presentar proxectos será antes do 21 de abril de 2017.
  • Amplíase o prazo para presentar proxectos ata o 1 de xullo de 2017.

Máis información detallada da documentación a presentar para participar, no arquivo anexo da convocatoria.

File: 

PDF icon Resolución do 13 de marzo de 2017 [3]
Ficheiro Anexo da solicitude (odt) [4]
Microsoft Office document icon Anexo da solicitude (doc) [5]
PDF icon Resolución provisional [6]
PDF icon Resolución definitiva [7]
Premios autonómicos [8]
Educación secundaria obrigatoria [9]
Bacharelato [10]
Profesorado [11]
Alumnado [12]
Centros [13]
Boletín [14]
Innovación [15]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/21529

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/21529
[2] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/desafiostem_1.jpg
[3] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/convocatoria_desafios_stem_1.pdf
[4] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anexoi_gal-1_2.odt
[5] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anexoi_gal_1.doc
[6] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_provisional01.pdf
[7] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_definitiva_asinada.pdf
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/360
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/83
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/84
[11] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado
[12] https://www.edu.xunta.gal/portal/alumnado
[13] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros
[14] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/613
[15] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/403