Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > S1601164 Creación de minivídeos para a docencia

S1601164 Creación de minivídeos para a docencia [1]

Enviado por portalcafi a Mér, 28/12/2016 - 11:21
Novo curso presencial para a produción audiovisual nas aulas.
Gallego

Curso de 20 horas de duración con 16 horas presenciais e 4 horas na rede. Ten 5 sesións, a primeira delas terá lugar no Centro Autonómico de Formación (CAFI) en Santiago de Compostela e as seguintes no IES de Cacheiras (Cacheiras, Teo).

O curso será impartido polo profesor Sergio Clavero de Aturuxo Films con ampla experiencia no mundo audiovisual.

Os obxectivos do curso son:

1.Deseñar pequenos artefactos de aprendizaxe dirixidos ás aulas.

2.Manexar ferramentas na Rede, software e aplicacións en dispositivos móbiles de xeito autónomo.

3.Descubrimento de novos modelos de ensino-aprendizaxe

E os contidos:

1.Conceptos básicos nun minivídeo.

2.Deseño e planificación: curación de contidos, abstracción da información, creación de mensaxes e elaboración de guións.

3.Emprego de ferramentas TIC diversas.

4.Gravación e edición.

5.Aplicación dos minivídeos nas aulas

Máis información no documento adxunto e inscrición en Fprofe [2] ata o 25 de xaneiro, prazas limitadas.

 

S1601164 Creación de minivídeos para a docencia
S1601164 Creación de minivídeos para a docencia

File: 

PDF icon programacion_s1601164_creacion_de_minivideos_para_docencia.pdf [3]
CAFI [4]
Departamentos [5]
Educación dixital [6]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/20911

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/20911
[2] https://www.edu.xunta.gal/fprofe/
[3] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/programacion_s1601164_creacion_de_minivideos_para_docencia.pdf
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/723
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/902
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/760