Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > G1601058 Ambientes persoais de aprendizaxe e redes sociais na educación

G1601058 Ambientes persoais de aprendizaxe e redes sociais na educación [1]

Enviado por portalcafi a Mar, 13/09/2016 - 09:38
Actividade en Platega para a desenvolvemento do ambiente persoal de aprendizaxe e o enriquecimento da rede persoal de aprendizaxe
Gallego

Inscrición aberta en Fprofe ata o 19/09/16

Horas: 50 h (na Rede, na Plataforma de Teleformación Galega)

Datas: 26/09/16 - 12/12/16

Prazas: 50

Obxectivos:

1. Expresar o interese polo desenvolvemento profesional docente a través do proceso de creación do ambiente persoal de aprendizaxe (PLE) e da rede persoal de aprendizaxe (PLN).

2. Manexar a nivel básico as principais ferramentas e servizos da Web 2.0 en relación coa aprendizaxe na Rede e o traballo colaborativo en espazos compartidos.

3. Coñecer as posibilidades e o potencial das redes sociais como ferramenta de apoio docente.

Contidos:

1. Principais conceptos relevantes para a creación de ambientes persoais de aprendizaxe e a aprendizaxe na Rede.

2. As redes sociais e a súa aplicación como ferramenta de apoio docente.

3. A Web social e a creación da nosa rede persoal de aprendizaxe (PLN): Twitter.

4. Creación e mantemento de comunidades de aprendizaxe baseadas en redes sociais e na Web 2.0.

5. Creación e compartición de contidos na Web 2.0. Mantemento dun blog.

6. Internet como fonte de información e recursos: buscadores, alertas, fluxos RSS.

7. Os servizos de marcadores sociais como ferramenta de recolección e clasificación de recursos.

8. Creación, almacenamento e compartición colaborativa de contidos na nube.

 

Ficha da actividade en fprofe [2]

G1601058 Ambientes persoais de aprendizaxe
G1601058 Ambientes persoais de aprendizaxe
CAFI [3]
Departamentos [4]
Educación dixital [5]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/19917

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/19917
[2] https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaInicio.do?DIALOG-EVENT-verAct=verAct&cod_actividade=74023
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/723
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/902
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/760