Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Convocatoria do Proxecto Educación Dixital E-DIXGAL para o curso 2016/2017

Convocatoria do Proxecto Educación Dixital E-DIXGAL para o curso 2016/2017 [1]

Enviado por administrador a Xov, 21/04/2016 - 08:36
Convocatoria do Proxecto Educación Dixital E-DIXGAL para o curso 2016/2017 [2]
Gallego

Publicada no DOG a Resolución do 13 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital E-DIXGAL durante o curso 2016/2017.

Esta iniciativa ten como obxecto favorecer a incorporación xeneralizada das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) no desenvolvemento da actividade educativa, poñendo a disposición dos centros unha contorna virtual de aprendizaxe (EVA) con libros e outros materiais dixitais cos que poderá desenvolverse a totalidade do currículo dos cursos 5º e 6º de Educación Primaria e 1º e 2º de ESO. O EVA complétase con ferramentas que permiten facer un seguimento da actividade do alumnado, crear novos contidos dixitais, comunicarse con outros membros da comunidade educativa, etc.

  • O prazo de presentación de solicitudes é dun mes a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, rematando o sábado 21 de maio.

Poden participar nesta convocatoria os centros adscritos á rede Abalar que impartan ensinanzas de 5º de Educación Primaria e/ou 1º de ESO durante o curso 2016-2017.

Características:

  • Os centros manterán o programa un mínimo de 2 anos.
  • Os materiais poderán utilizarse tanto online como offline.
  • Os centros participantes contarán co asesoramento, asistencia técnica e seguimento da Rede de Formación Permanente do profesorado, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e os servizos de inspección educativa.
  • Debe propoñerse unha persoa responsable da coordinación do proxecto.
  • O EVA incorporará libros de dúas editoriais, podendo elixir calquera delas, combinalas ou empregar outros materiais proporcionados polo centro. Se o centro conta con libros e outros materiais didácticos poderán empregarse como complemento ou apoio aos libros dixitais proporcionados no proxecto E-DIXGAL.
  • O EVA incorporará unha ferramenta de autor para a creación de contidos educativos dixitais.

Pódense ver as mostras dos libros da editorial Netex nos seguintes enlaces:

  • 5º Educación Primaria: https://eva.edu.xunta.es/course/view.php?id=17139 [3]
  • 1º ESO: https://eva.edu.xunta.es/course/view.php?id=2165 [4]

     Usuario: Edixgal
     Contrasinal: Edixgal

Documentación necesaria

  • Solicitude segundo o modelo do anexo da convocatoria.
  • Proxecto concretando a implantación no centro segundo o guión do punto cuarto da convocatoria.
  • Proposta da persoa coordinadora do proxecto.

Os centros que na actualidade están en E-DIXGAL en Educación Primaria e pidan a continuidade na Educación Secundaria Obrigatoria non é necesario que entreguen este proxecto, pero si deben presentar a solicitude.

 Máis información:

Portal web espazoAbalar [5]
Correo electrónico: asesoria.tic@edu.xunta.es [6]
Teléfono: 981 546 514

File: 

PDF icon Resolución do 13 de abril de 2016: Convocatoria do Proxecto Educación Dixital curso 2016/2017 (DOG) [7]
PDF icon Relación provisional de centros seleccionados [8]
PDF icon Relación definitiva de centros seleccionados [9]
PDF icon Relación definitiva de centros seleccionados (DOG) [10]
Programas e plans [11]
Abalar [12]
Plans e actuacións en innovación educativa [13]
Educación primaria [14]
Educación secundaria obrigatoria [15]
Dirección Xeral de Formación Profesional [16]
Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa [17]
Profesorado [18]
Centros [19]
Boletín [20]
Innovación [21]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/18764

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/18764
[2] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/wwwwwwwwwwwwbbeae5355b18618f532c5565cd37a3b5.png
[3] https://eva.edu.xunta.es/course/view.php?id=17139
[4] https://eva.edu.xunta.es/course/view.php?id=2165
[5] http://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/nova/e-dixgal-implantacion-do-libro-dixital-nos-centros-educativos
[6] mailto:asesoria.tic@edu.xunta.es
[7] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20160421_edixgal.pdf
[8] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/edixgal2016_resolucion_provisional.pdf
[9] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/edixgal2016_resolucion_definitival.pdf
[10] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20160705_edixgal.pdf
[11] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/133
[12] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/242
[13] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/135
[14] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/82
[15] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/83
[16] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/8
[17] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/43
[18] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado
[19] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros
[20] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/613
[21] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/403