Formación aberta na Rede: "O currículo na aula" [1]
Enviado por boletin a Ven, 08/04/2016 - 12:58O próximo 22 de abril de 2016 dará comezo unha formación aberta na Rede: “O currículo na aula". Trátase dunha actividade coas seguintes características:
-
Lévase a cabo de forma virtual na Rede, a través de Platega2.
-
Está conformada por unha serie de materiais que desenvolven os contidos, foros de participación e comunicación entre os participantes e tarefas con entrega libre e voluntaria.
-
Está aberta a calquera docente de centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
-
Ao tratarse dunha formación en aberto non ten asociado recoñecemento de horas de formación.
Permite ofertar aos docentes da nosa comunidade un modo aberto e flexible de formación sen límite de prazas.
Podes automatricularte en Platega2 ata o 21 de abril na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=209 [2]. Introduce os teus datos de conta corporativa e a palabra "platega" como chave de matriculación.
A fase de formación comezará o 22 de abril e rematará o 20 maio. Estará conformada por 4 módulos:
-
Currículo e aproximación á programación
-
Rúbricas e mínimos esixibles
-
Perfil de competencia.
- Tarefas integradas.
Unha vez finalizado o prazo de inscrición, pódense visualizar os contidos da formación como convidado, introducindo igualmente como contrasinal a palabra "platega".
Website:
Tema:
Colectivo:
Sección: